quarta-feira, 9 de Julho de 2008

NOVO WEB

NOVO WEB EM WWW.CAUSAGZ.ORG

Cá o que nom se vê

Mais...

ATENÇOM
NOVO WEB EM WWW.CAUSAGZ.ORG

Mais...

segunda-feira, 31 de Março de 2008

“El País” calumnia Causa Galiza

O diario español El País publicou o pasado 5 de marzo na sección “Galicia” un artigo “informativo”, asinado por Elisa Lois, no que se verten acusacións ignominiosas cara o conxunto do independentismo galego, incluída Causa Galiza. Ante estas calumnias tan graves, Causa Galiza remitiulle a El País un escrito demandando a rectificación, mais o xornal español non se retractou.


De seguido reproducimos o escrito enviado por Causa Galiza a El País no que se demanda a rectificación desa información:


En relación coa peza “Resistencia Galega, un grupo fantasma”, asinada por Elisa Lois e publicada na páxina 9 da sección “Galicia” de El País, e na que se cita a nosa entidade, Causa Galiza esixe, en cumprimento da Lei Orgánica 2/1984, Reguladora do Dereito de Rectificación, a publicación, con relevancia semellante, da seguinte información:

1. Que a xornalista incumpriu o seu deber deontolóxico e mais os puntos 1.2, 1.3, 1.9, 1.12, 1.13, 1.18, 1.23, 2.11 e 2.12 do Libro de Estilo do El País ao non contactar con ninguén da nosa entidade para contrastar unha información sobre nós claramente falsa e difamatoria. A falta é aínda máis grave tendo en conta que a información facilitada por nós a este medio foi silenciada a miúdo.

2. Que Causa Galiza é unha asociación legalmente constituída. Os seus obxectivos, polo tanto, están legalmente aprobados e poden ser consultados no rexistro. Non existe entre eles o de “crear RG como brazo armado do novo MLNG” que nos atribúe, falsamente, Elisa Lois. As nosas bases organizativas, por outra parte, puideron ser facilmente consultadas pola xornalista na nosa páxina web (http://www.causagz.blogspot.com/). Pode comprobarse, porén, que non existe nelas a que se nos atribúe.

3. Que se o obxectivo da xornalista o da súa suposta fonte é o de acusarnos dun delito, instámolas sen medo a que presenten a correspondente denuncia, e recomendámoslles que non entren en acusacións públicas como a devandita, xa que poden ser constitutivas de delitos de calumnias, inxurias ou difamación, contra os que nos reservamos o dereito a actuar como corresponda.



Ligazóns:

Artigo de El País:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Resistencia/Galega/grupo/fantasma/elpepiautgal/20080305elpgal_19/Tes

Réplica de Xurxo Martínez Crespo a Elisa Lois publicada na web da CIG:

Mais...